Avive

AVIVE

Avive auga miceliar dermolimpadora son dúas solucións miceliares para a limpeza facial de todo tipo de peles, que non precisan aclarado, sendo incluso útiles como desmaquillante diario.

A base de auga termal galega -de alto valor cosmético e dermatolóxico- consegue un efecto calmante e antiirritante moi eficaz.

A azul está pensada para peles normais ou graxa. A maxenta -algo máis suave- é máis axeitada para peles delicadas ou secas

Sérum de vitamina C Avive aproveita as propiedades antioxidantes e rexeneradoras da vitamina C ou ácido ascórbico para recuperar parcialmente pola noite o cansazo e os efectos nocivos do entorno revertindo parcialmente algo do inexorable paso do tempo.

Avive champú acondicionador é ideal para cabelos delicados e finos, que mima especialmente coa capacidade acondicionadora despois do lavado. Ten activos cosméticos anticaída que o fan especialmente útil, como complemento, nos casos de caída de cabelo inespecífica ou colaborando con un tratamento médico máis específico

Protector Solar Avive factor 20 é un protector solar facial para uso diario, prferiblemente no semestre de verán, e, especialmente indicado para o norte da penísula ibérica onde os meses de irradiación solar e a intensidade da mesma son smoi distintos do sur da península e nos que un exceso de protección leva a unha perda da síntese de vitamina D inducida polo sol, tan necesaria

voltar á páxina principal