Definición de cosmético
Por lei (RD 1599/1997 e Regulamento (CE) nº 1223/2009 sobre os produtos cosméticos), a definición de cosmético é
a seguinte: "toda sustancia ou preparado destinado a ser posto en
contacto coas diversas partes superficiais do corpo (epiderme,
sistema piloso e capilar, uñas, beizos e órganos xenitais externos)
ou cos dentes e as mucosas bucais, co fin exclusivo ou principal de
limpalos, perfumalos, modificar o seu aspecto e/ou corrixir os
olores corporais e/ou protexelos e mantelos en bo estado".
Por tanto, un xabón, unha crema hidratante, unha
mascarilla capilar, un dentífrico, un lubricante xenital, un
perfume, etc. serían exemplos de cosméticos.
Aínda que a definición é bastante clara, convén
deslindar ben os cosméticos de tres categorías: medicamentos,
alimentos e produtos sanitarios.
Calquer produto -aínda externo- destinado a curar ou aliviar enfermidades non sería un cosmético,
sería un medicamento.
Tampouco ningún complemento nutricional sería un cosmético.
Os produtos sanitarios -que son unha categoría
con definición propia- (unhas medias elásticas, unhas tesoiras ou
cortauñas, as compresas hixiénicas, un aplicador de frío ou calor)
tampouco son cosméticos.
voltar á páxina principal